PRAZO LÍMITE DE INSCRICIÓN 20 ABRIL

NON PERDAS O NORTE

Improvisar foi algo xeralizado por todo o planeta até o século XIX. A nosa especie transmitiu e construíu a cultura oral de forma prioritaria até hai relativamente pouco tempo. Foise perdendo polas mudanzas dos sistemas de comunicación e polo acceso, de cada vez máis persoas, á escrita. Mais na historia do homo sapiens a escritura só leva pouco máis do 5% da súa existencia. Ou sexa, nós, como especie, estamos preparados para aprender a improvisar, fixémolo durante centos e centos de anos. Agora sorpréndenos ouvir improvisar porque se perdeu a memoria da súa cotiandade.

Agora pensamos que é o momento de recuperar esta habilidade que antes se aprendía na casa, na rúa, entre amigas e amigos...