QUE É A REGUEIFA?
Basicamente podemos identificar a regueifa como un molete de pan, un baile ou unha improvisación oral cantada en forma de diálogo. As tres acepcións da regueifa están relacionadas nas súas orixes directamente cos casamentos. Na Galiza hai máis formas de improvisación oral relacionadas cos casamentos como o brindo, as loias, as cencerradas... segundo a zona xeográfica na que se realicen. Pero tamén hai outras formas improvisadas que se empregaban no Entroido como as bombas ou os atranques da comarca do Ulla...
